Bolsa de remuda de negocios

Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas
Data límite para a remuda 31/12/2024
Polo Ferrol

Librería Contos Fene

Librería-Papelería en propiedade e en pleno rendemento. Situada na rúa principal de Fene sendo un punto de referencia na comunidade para todo o relacionado coa educación, a oficina e o entretemento literario. A libraría está equipada cunha selección de artigos de librería e papelería, material escolar e de oficina, artigos coleccionables, unha variedade de opcións de agasallos para todas as ocasións, prensa diaria e revistas, libros de texto e literatura. Conta tamén con servizo de fotocopias. Ademais o establecemento é punto autorizado para a venda de cupóns da ONCE. E tamén é un Punto Pack. O negocio está en pleno rendemento e conta cunha base de clientes fixos e fidelizados, o cal se conseguiu grazas aos anos que leva o establecemento en activo e ao excelente servizo que se veu dando. Está situado nunha zona de alto tránsito o que garante un fluxo de clientela.

VOLVER